Monday 06 de May de 2024

Máis de 20.500 persoas seguiron o percorrido dos Reis Magos pola cidade a través da web da Cabalgata Smart


Destaca a participación no concurso de fotos, no que se recibiron máis de 420 imaxes. Os gañadores dispoñen dunha semana para recoller o seu premio nas oficinas de Emalcsa

O Concello destaca a boa acollida da primeira web para seguir o percorrido da Cabalgata polas rúas da cidade, www.cabalgatasmartcoruna.es, e agradece a participación dos coruñeses nesta novidosa iniciativa, que forma parte das accións de promoción do proxecto Coruña Smart City. Máis de 20.500 persoas empregaron a web da Cabalgata Smart para seguir o itinerario dos Reis Magos durante a tarde do pasado luns 5, cunha media de máis de 2.000 persoas conectadas ao portal cada media hora.
Ademais, destacou a enorme participación dos coruñeses a través das redes sociais, na que compartiron as súas fotografías da Cabalgata e as súas mensaxes para os Reis Magos a través do hashtag #CabalgataSmartCoruña. En especial, destacou a expectación que esta iniciativa xerou en Twitter. A última hora de onte contabilizáranse máis de 300 tweets sobre a Cabalgata Smart, que chegaron a máis de 75.280 usuarios na rede de microblogging.
Unha das accións que máis movemento xerou foi o concurso de fotografías da Cabalgata. A web www.cabalgatasmartcoruna.esrecibiu máis de 420 imaxes, que se foron subindo progresivamente ao portal. O período para subir as imaxes á web estivo aberto dende as 18.00 horas ata as 22.00 horas da noite de onte. Ao finalizar a cabalgata, e unha vez finalizado o prazo para enviar as imaxes ao portal da Cabalgata Smart, os tres Reis Magos reuníronse para elixir as tres fotos gañadoras antes de poñer rumbo de novo a Oriente. As fotos elixidas mostran tres dos aspectos máis destacados da Cabalgata deste ano, baseada na temática dos contos infantís: a imaxe dos Reis Magos nas súas carrozas, unha instantánea do espectáculo de animación que acompañou todo o desfile e un “selfie” cos “voadores” invadindo o ceo da Coruña.
Os nomes dos gañadores do concurso de fotos, no que se sortearon tres tablets, están colgados na web da Cabalgata Smart, onde tamén se poden ver outras imaxes enviadas polos coruñses durante o percorrido dos Magos de Oriente por toda a cidade. Os afortunados teñen de prazo unha semana para recoller os seustablets nas oficinas de Emalcsa.
O proxecto Coruña Smart City, iniciativa do Concello da Coruña eEmalcsa como solicitante, conseguiu, coa súa novidosa proposta, un cofinanciamento dun 80% dos fondos FEDER, para un total de 11,5 millóns de euros. O proxecto deseñouse en dúas fases, a primeira fase, adxudicada en abril do ano pasado á UTE formada por Altia, Ilux, Indra e R, consistiu no deseño e posta en marcha da plataforma tecnolóxica, á que se chama o cerebro da cidade.
Os 10 pilotos que se encontran en fase de execución son: o piloto de párking intelixente, eventos multicanles, sistema de calidade de augas e alerta temperá, telexestión de contadores, telexestión de redes de abastecemento, eficiencia enerxética en edificios municipais, rego intelixente, sistema de visitas guiadas, administración electrónica, sistema de calidade de aire e ruído, mellora enerxética na ETAP da Telva e do optimización do tráfico. Os 14 proxectos piloto completaranse coa adxudicación dos pilotos o de interacción cidadá e o proxecto BIO.
Dende a súa posta en marcha, o proxecto recibiu importantes recoñecementos como a de Mellor iniciativa dunha administración por parte dos Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia; pero tamén por parte do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia; o recoñecemento da Fundación Lintel; a declaración como Cidade da Ciencia e a Innovación; ser elixida 1 das 6 finalistas de entre as 200 iniciativas presentadas, na categoría de proxectos dos World Smart Cities Awards, consolidando A Coruña como unha cidade referente do noroeste español; ou máis recentemente, Mención de Honra á mellor Compra Pública Innovadora 2014 por parte da Comisión Europea que recoñece os procesos de contratación e compra de servizos e produtos máis innovadores de Europa.